miércoles, 12 de diciembre de 2012
Xogamos a ser felices
Coñecéronse en silencio na eterna madrugada.
Quen sabía pois que a casualidade axexaba
mil encontros fortuitos,mil pegadas sinaladas,
recorreron os dous, nun futuro escrito no tempo.
Lembro unha voz, que a miña mente non quería esquecer,
envolta de forza coma un queixume do vento misterioso e eterno,
que despertaba desexos e facíaos máis intensos.
No teu peito desbocado,sentín os teus latexos, alborotados preto de min,parte de min.
Algo noso nun segundo.
As túas mans facendo niños nos meus cabelos,un sorriso que vibraba dentro de min,
fixo caer a esperanza das estrelas coma cometas surcando o ceo.
Ao atoparme cos teus beizos so lembrei a primeira vez,
coma se fosemos nenos de vez,
nun momento do pasado que se fixo presente, cando todo eran soños e inocencia xogamos a facelo realidade,
sen pensalo, sen planealo, caíamos nos intentos: eramos nós.
Onde todo eran camiños de paixón, onde as palabras só eran as do corazón.
Xogamos a ser felices.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario