viernes, 14 de diciembre de 2012

Amar e loitar


Nun paraíso envolto de amenceres.
os apaixonados lembraban os cantos da lúa,
os soños fabricados polo ceo
e o mar tinxido dos seus praceres.

Alí a noite escapa da verdade,
tiña medo de atopala,
caer con ela, no abismo da razón.
Era máis fácil seguir o impulso dun corazón,
máis bondadoso que ningún,
o máis especial que atopou.

Un corazón que precisaba arriscar e deixaba marchar,
aquelo que non podía recuperar.
Un corazón con fendas, mais cheo de soños e esencia.
Un corazón que nese paraíso amaba e loitaba pola súa existencia.