jueves, 13 de diciembre de 2012

Elegir qué es lo que importa de verdad



Axexaron os violentos coas súas louvanzas,
perdéronse os inocentes na culpa e os silencios.
Así pasaron tódalas madrugadas.

Mais no fondo as palabras cobraron o seu significado:
o amor xa non era amor, e a maldade non perdoaba.

Agochou a súa verdade por medo a perdela: era único que lle quedaba.
A esperanza non existía, marchou co tempo, cos días e as noites que pasaran..

Converteuse nunha dor, nun día que non quería que chegara,
mais o xuízo final aí estaba: coa data indicada.

Cos intentos fallidos, levantouse a persoa enmascarada,
viu como o pasado que tanto desexou xa non regresaba.

Baixo aquela noite comprendeu que o que amaba
afundiuse nun mar de recordos que afogaran.

Nun medo que non alcanzaba a comprender.Mais era a súa elección.
Como eu fixera a miña.

Ou renunciar ou perder.

No hay comentarios:

Publicar un comentario