jueves, 13 de diciembre de 2012
I'm lost
Floriña ti que es sabia, floriña que me queres,
déixame escoller.
Floriña ti que podes, floriña ti que entendes,
dime que facer.
Neste souto tranquilo,perdinme cos meus sentimentos.
Nun cadaleito, no mar, afogaron os meus pensamentos.
Gran razón pola que meu corazón atópase nesta fraga perdida,
esperando floriña, esperando que me axudes,
esperando floriña que me arranxes esta mortal ferida.
Dime o que debo entender, o que debo arriscar, o que debo perder.
Porque eu preciso escoller, preciso non volver,prefiro ver o que está a acontecer.
Estou soa, neste precioso luar,
mais o amencer quere chegar.
e a decisión está por tomar.
O pasado pode volver?
O presente debe prevalecer?
Dimo floriña,dimo,dimo.
-Se non o deixaches voltar antes, por que agora?
Que che devolveu as túas ilusións? Os recordos?
Devolve as ilusións algo contra o que loitaches?
Deixa de fuxir, deixa de refuxiarte en algo que non é o que che pasa agora, deixa de fixarte no si do pasado, porque tes medo de atopar un non no futuro.
Tes medo, moito medo, é por iso polo que nos teus pensamentos dubidas.
Non nos teus actos dubidas.
Non fuxas, non fuxas máis.
Agora ou nunca.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario