viernes, 14 de diciembre de 2012
Adeus para sempre
Nun espazo febril,cunha noite pechada.
A única luz: unha candela encendida.
Os beizos perdíanse nunha paixón descontrolada.
Ti amabas,eu amaba.
A lúa queixábase con resquemor,
nunhas verbas, lembrando a dor,
que producira vivir na lonxanía este amor.
A noite venceu, chamabas por min.
Ouvía o meu nome unha vez máis.
"Non te vaias".
Ilusión.Desexo.Arrepentimento.
Mais xa era día. O noso soño rematara.
A súa luz a candela esgotara.
"Non podemos".
Verdade.Desilusión.Realidade.
No momento contiven unha despedida amarga.
"Nunca te abandonaría".
Erros contidos.Ironías doces. Loita sufrida.
Cun sorriso finxido non voltei nunca máis.
Saín ao mundo, no que ti non estabas.
"Adeus para sempre".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Gosto de leerlo, y no se explicar por qué. Y eso me gusta más aún *.*
ResponderEliminar