viernes, 14 de diciembre de 2012
Son os teus ollos que non queren ver
Este amencer quedo polas palabras,
a soidade apartada polos silenzos.
É así,cada punzada que teño faise máis intensa,
unha pedra máis grande neste difícil camiño.
Os bicos,as apertas apresuradas lamben o noso ceo,
agasállannos cunha luz inesperada.
Agarímame máis esta tardiña,
faino sen mesura,sen dicir ren,
non existe un fin se non hai un principio.
Comezou,sabémolo,non o pronunciamos,
deixámonos levar polo que murmura o vento.
Unha ráfaga pausada escribe o teu nome no ar,
resoa o amor no meu maxín,
bate no meu corpo moi dentro de min.
Deixa,deixa o paso aos mimos,
ás caricias que non queren volta,
aos sentimentos sen prexuízos.
Os feitos demostran,as bágoas remiten,
mais a alegría é a miña mostra: é todo isto que se repite.
Pensa que non ten final se non escribimos historia,
pensa que nos corazóns existe e está na nosa memoria.
Lembra que tes diante a túa razón de ser.
Son os teus ollos que precisan mirar e non queren ver.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Pensa que non ten final se non escribimos historia, genial.
ResponderEliminarTus escritos son geniales,tú tampoco dejes de escribir :)
ResponderEliminar