miércoles, 12 de diciembre de 2012

Un novo comezo


Noite clara, a razón dos meus versos,
envexa teñen os días da túa profundidade.
Os teus cantos soan perfectos no luar;
cheos de maxia,variedade e música.
Os músicos adícante as súas letras,
namóranse das túas cores,
pérdense na túa luz e claridade.

Noite escura,pensamento do prohibido.
Es o fogar dos desexos e a saudade.
Escoita o necesario,fai xordos aos que non queren ouvir.
Non lles agasalles coas túas melodías;
cóndenaos á absoluta soidade,
fainos xogar ás agachadas,
coma nenos buscando a rentes o teu significado.

Noite sen présas,noite clara e escura,
enteira e prohibida,soa e apartada.
Os poetas rexeitan novas historias,
creron as palabras da túa lúa.
Mais na súa conciencia,sentíronse enganados por ela,
pola súa testemuña envelenada.
Un par de frechas directas aos corazóns,
a sangue nas súas mans desgastadas,
a traizón gravada diante dos seus tristeiros ollos.

Esta noite queda na nosas memorias.
Aquela noite que xa non é noite: é un novo día.