Pecha os teus preciosos ollos.
Mira os campos florecer,e as hortas cheas dos nosos froitos.
Pensa no noso fogar,no lugar que te viu nacer,e que esqueciches co tempo.
Lembra a maxia que producía o teu sorriso,e o vento,que zoaba e zoaba e gustábache andar detrás del.
¿Ou non o lembras?
A inocencia das túas meixelas,e o rostro dunha muller bonita que agasallaba con apertas aos zoupóns.
Non lembras correndo polas fragas,trotando coma os cabalos,e bailando as cancións de berce que aprenderas para min.
Que bonitiña que eras,non precisaba luz canda min cando che tiña ao meu carón.
E esas apertas cada aniversario,eran o mellor agasallo para unha nena pequena.
Contigo aprendín as bágoas,as loitas,a saber canto son 2+2,a mirar cara adiante.
Contigo aprendín que sempre tiña a túa man sobre os meus ombreiros,aínda que non estiveras aí.
Choramos xuntas,estivemos separadas,vivimos demasiadas cousas.
Aínda non me canso de ti,nin me canso das riñas e dos trotes,e non penso facelo.
Por iso pecha os teus preciosos ollos,e ilumíname cun sorriso que podo ver poucas veces mais encántame velo;o teu.Ilumina un chisquiño que a miña alma estivo moi oscura ata fai pouco e precisa dos teus bicos.
Precisa lembrar cando contabas historias,ou engaiolábasme coa tua emoción.
Precisa as tuas apertas e mimos,os momentos das dúas,que eran marabillosos.
Queda moito tempo,pero non penso malgastalo máis sen aproveitalo contigo.Fermosa por dentro e por fóra,nunca me canso de dicilo,sí que o eres e o demostras.
Para min sempre estarás,porque no meu corazón estás,e é teu un bo pedazo del.Fuches a primeira persoa que me tivo no seu colo,e acariñoume cos dedos,a primeira persoa que vin ao abrir os meus ollos.
E nese momento,cando te vin e non antes,souben que tiña que estar neste mundo,e que tiña sorte,de que me acompañara na miña vida,unha persoa coma ti.
Teño moita sorte de que esteas aí.E dende aquí,con estas pobres liñas,pero con todo o meu corazón,dedícocho.
Porque pasa un ano,pero quedan moitos máis contigo.
Un ano máis mamá,pero tan fermosa coma sempre.
Feliz aniversario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario